Na década dos oitenta –do século pasado– produciuse unha eclosión da poesía galega. Os autores que comezaron a publicar nesta década acadaron unha considerable difusión. Unha desas autoras que iniciou a súa andaina por eses anos foi Xela Arias. A ela, como homenaxe e recoñecemento da súa obra, dedicámoslle a continuación unhas breves liñas.
Vida e obra de Xela Arias
Xela Arias Castaño naceu en Sarria o día 4 de marzo de 1962 e faleceu en Vigo o día 2 de novembro de 2003. Por motivos de traballo do pai –o escritor Valentín Arias–, a familia trasládase a Vigo en 1969. Cando cursaba COU deixa os estudos e comeza a traballar –de oficinista, creación e investigación, correctora de estilo e editora, respectivamente– en Edicións Xerais de Galicia en 1979, cando esta nacía. Máis adiante, retomaría os estudos cursando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e licenciándose en 1996.
Entre a obra poética de Xela Arias temos:
Denuncia do equilibrio (1986). Presenta unha temática heteroxénea e unha deliberada despreocupación formal que cede protagonismo ao contido. Hai no libro unha linguaxe poética persoal, vangardista.
Tigres coma cabalos (1990). Neste libro vese unha evolución no estilo: inda que segue primando o contido, cóidase máis a forma. Hai unha sintaxe menos arbitraria. Mestúranse poemas e espidos da autora (está publicado en colaboración con seu marido, o fotógrafo Xulio Gil). A obra busca a sinceridade e os sentimentos básicos.
Darío a diario (1996). Neste poemario, Xela Arias ofrécenos a súa experiencia da maternidade:
Imos, meu ben, camiñar sereno
pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos
comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,
mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos
dos teus días xunta min.
————-Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
Intempériome (2003). Como o mesmo título indica, Xela denuda a a súa alma e sácaa á intemperie, á rúa, buscando a liberdade:
Así, aquí,
neste lenzo imaxinado e suxestivo:
non me sei se non me trato
aquí.
Non me sei se non te trato
aquí.
Non te seise non me trato
aquí.
—————
A unidade componse.
Da desorde.
Desordénome, amor,
e dou co punto
único
do centro dos abrazos.
Abrazo a desorde das ideas
e sei
que a unidade se compón.
A unidade componse.
Da desorde.
A crítica literaria adoita sinalar como características dos poetas dos oitenta o seu esteticismo –a preocupación pola forma–-, a apertura temática, o culturalismo e o cosmopolitismo. A pesar da súa heteroxeneidade é posible identificar varias tendencias na poesía desta década: o culturalismo, a chamada poesía do cotián, o experimentalismo e poética feminina-feminista. E, nesta última é onde a crítica literaria sitúa a Xela Arias. Durante a década dos oitenta hai unha progresiva incorporación das mulleres ao movemento de renovación da poesía. Nun primeiro momento, Pilar Pallarés, e máis adiante Ana Romaní e Xela Arias. Todas elas loitan por recuperar unha óptica feminina para a literatura. Como diciamos, Xela Arias destacou por unha poética moi persoal, sincera que aportaba á poesía galega elementos novidosos no tema e no estilo.
Poeta, tradutora, editora e profesora, Xela Arias foi proposta varias veces para o Día das Letras Galegas. Ao igual que outros e outras segue agardando por esa homenaxe merecida por parte da Real Academia Galega.
[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
Para saber máis de Xela Arias:
[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
Poesía galega dos oitenta: María Xesús Nogueira Pedreira. Capítulo dedicado a Xela Arias, no Arquivo de Poéticas contemporáneas na cultura, do Grupo Alea de Análise Poética.
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas/xela-arias/Maria-Xesus-Nogueira-Pereira.pdf” width=”650″ height=”800″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]
Xela Arias: Verso desnudo. Estudo da obra poética de Xela Arias, feito por Jesús Expósito Rabadán.
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas/xela-arias/Xela-Arias-Verso-Desnudo.pdf” width=”650″ height=”800″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]