Semente Corunha: máis ca unha escola

Semente Corunha

Semente CoruñaRepresentantes da coordinadora de Semente Corunha –asociación cultural sen ánimo de lucro dedicada á creación dun espazo socio–cultural e pedagóxico en galego na contorna coruñesa– estiveron na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presentando o seu proxecto educativo dedicado á etapa infantil (2–6 anos).

Semente CoruñaSemente Coruña, que forma parte do proxecto Semente GZ, traballa tendo en conta os seguintes principios:

  1. Inmersión lingüística en galego. A lingua galega como parte da nosa cultura, historia e futuro. Carácter internacional da lingua galega.
  2. Pedagoxía transformadora e contextualizada na realidade social. Respecto ao ritmo das crianzas, feminismo e laicismo.
  3. Asemblearismo. Un modelo educativo aberto e participativo.

Semente Coruña

Semente Corunha, que está no número 7 da rúa Alberto Garaizábal Macazaga, ten este 15 de abril unha xornada de portas abertas.

Semente Coruña

Máis información en Semente Corunha.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *