Un poema para agosto (XIII): María Xosé Lamas

Rúa Real Coruña

A escritora María Xosé Lamas (Vilalba, 1961) dedícalle versos á cidade da Coruña: “calexas sombrías”,”marco inconfundíbel de mariña”… Tamén, o “desafío”.

A CORUÑA, A CIDADE, O DESAFÍO

 

Dende os azuis iris do mar enxergo

a liña topográfica lonxincua

-silueta inconstante- adormecida

no sono do solpor, dona do tempo.

 

Por enriba da pedra xa esquecida

das calexas sombrías onde agardan

as lembranzas nas horas ancoradas pregando polas voces que as rediman,

 

agroma o espertar cara o futuro

en prismas multiformes definidos

por contornos de luces reprimidas

 

nos que a vida se amosa en claroescuro de oitocentos matices expresivos nun marco inconfundíbel de mariña.

 

É A Coruña, a cidade, o desafío

que sinto dende a proa do navío.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *