Asunción Arias Arias (Fontei-A Rúa de Valdeorras,1953), autora entre outros libros de Muller de vidro (2002), publicaba en 2008, o poema, “Na procura de Anxelina”. Nel, viaxa pola Coruña na busca de Anxelina, “tecedora das chaquetas de punto”.
NA PROCURA DE ANXELINA
Asolagadas como barcos sen velas,
percorremos a cidade herculina,
«na que ninguén é forasteira».
As augas de Atlante limpan memorias,
de cando a Anxelina, a filla orfa do «<Pipas»>, fora parar
por tras da Praza da heroína Mª Pita.
Subir as escaleiras do Faro que alumea o mundo
e facer talasoterapia na praia de Riazor.
Xantar no Bar da señora Chelo na rúa da Habana,
lá na cidade vella.
Viaxar de noite, co sindicalista que repartía propaganda ilegal polas fabricas do téxtil,
para que non se durmira ao volante.
Nós só buscabamos
a Anxelina tecedora das chaquetas de punto,
que facía o traballo mergullado na casa, para as empresas das prendas do ramo.
Nós só buscabamos a maxia da infancia
vivida ao seu carón
e fomos dar á cidade que máis deu a falar polo L
dos seus xardíns: A CORUÑA.
E ela…, despois de viaxar as amagadas na súa procura,
faise invisíbel para nós.