Pensando o futuro
PENSANDO O FUTURO, un ciclo de pensamento con seis voces diferentes para facer un retrato coral que quere ser un xeito de contar o mundo.
Unha artesá, unha lingüista, un economista, un xornalista cultural, un escritor e un investigador reflexionan sobre a Galiza que queremos, sobre a tradición e o patrimonio, sobre a vangarda e a economía, sobre o que fomos e o queremos ser. Fuxindo de discursos hexemónicos mais reivindicando igualdade e dereitos.
Durante seis luns de maio e xuño, sempre ás 19:30 h dialogaremos con Elena Ferro, Teresa Moure, Juan Alberto Turnes, Manuel Gago, Manuel Rivas e Mario Pansera.
Todos os encontros terán lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa Olmos 16, 1º da Coruña.
Para asistir, cómpre inscribirse enviando un correo a acab@mundo-r.com.