Pablo Picasso na Coruña – Paseos en agosto V

Pomba de Picasso - Praza de Pontevedra

Casa de Picasso

Nesta casa –número 14 da rúa Paio Gómez– da Coruña viviu Pablo Ruíz Picasso entre os anos 1891 e 1895. Nado en Málaga en 1881, a etapa coruñesa foi breve pero clave para a súa formación como artista. A familia trasladouse á Coruña porque o pai foi contratado como profesor de arte no que hoxe é o IES Eusebio da Guarda, na Praza de Pontevedra. Alí tamén o neno Picasso ingresa na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde comeza a debuxar.

IES Eusebio da Guarda

Non era moito o traxecto da casa ao colexio e o neno Pablo aproveitou ben o tempo e as ensinanzas relacionadas co debuxo.

Rúa da Casa de Picasso

Con trece anos Pablo Picasso realiza a súa primeira exposición, na Rúa Real da Coruña.

Rúa Real

 

Placa da primeira exposición de Picasso

Na prensa, as críticas foron boas. La Voz de Galicia (21–2–1895) dicía:

“Continúe de esa manera y no dude que alcanzará días de gloria y un porvenir brillante.”

Breve, pero intensa a etapa coruñesa de Pablo Picasso. Céntricos e visibles quedan os lugares que percorreu neses poucos anos. Tamén os recordos ao seu paso.

Pomba de Picasso

Pomba de Picasso - Praza de Pontevedra

Segundo a crítica, a obra mestra do período coruñés é A nena dos pés descalzos, de 1895.

A casa da rúa Paio Gómez, onde Picasso viviu cos pais e as irmás, é hoxe a Casa Museo Picasso.

Rúa Paio Gómez

Placa na Casa Picasso

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *