A escultura –preto do reitorado da Universidade da Coruña– homenaxea o poeta Miguel González Garcés, nado nesta cidade en 1916. Persoa polifacética, como poeta a crítica sitúao na Xeración de 1936:
As gaivotas revoan sobre álamos.
O noso amor é un andar pola praia.
Indecisos, teimosos, afondándonos.
Camiñamos.
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, González Garcés opositou ao Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Destinado inicialmente en Madrid, pediu o traslado á Coruña onde dirixiu a Biblioteca Pública do Estado durante corenta anos.
Na actualidade, está biblioteca da Coruña leva o seu nome, ao igual ca a rúa onde se atopa.
Como diciamos, Miguel González Garcés foi unha persoa polifacética. Destaca o seu labor como antólogo, o seu traballo docente, as investigacións sobre A Coruña e os seus traballos periodísticos.
González Garcés faleceu na Coruña en 1989. Os seus restos descansan no cemiterio coruñés de Santo Amaro.