Manuel Murguía – Paseos en agosto XXIII

Placa da rúa Manuel Murguía

Placa da rúa Manuel Murguía

Esta concorrida rúa da Coruña –na que se atopa o Estadio de Fútbol de Riazor– leva o nome dunha das persoas máis relevantes e influentes do Rexurdimento e das primeiras décadas do século XX: o historiador Manuel Antonio Martínez Murguía.

Nado no Froxel (Arteixo) en 1833, Murguía casa con Rosalía de Castro en Madrid, en 1858. En 1870, é nomeado xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875 e o matrimonio trasládase á Coruña.

Arquivo do Reino de Galiza

A familia viviu na Coruña –no número 3 da rúa Príncipe, na Cidade Vella– entre 1871 e 1874.

Placa na casa de Rosalía e Murguía

Casa de Rosalía

No segundo andar desta casa, vén ao mundo a quinta filla do matrimonio, Amara, en 1873.

Desde 1893 un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista reuníase nun faladoiro na librería de Uxío Carré Aldao –en Rego de Auga– na Coruña. Era a chamada Cova Céltica. Aquí iríalles comunicando Murguía aos seus contertulios a necesidade de crear unha Academia Galega da Lingua.

Rúa Rego da Auga

O día 4 de setembro de 1905 celebrouse na antiga Casa do Consulado –na Coruña– o acto de constitución da Academia, sendo elixidos Manuel Murguía, Presidente; Uxío Carré Aldao, Secretario e Xosé Pérez Ballesteros, Tesoureiro.

Casa do Consulado

Este edificio de estilo neoclásico construído no século XVIII –na Praza Pintor Álvarez de Sotomayor da Coruña– pode considerarse a primeira sede da Real Academia Galega. Murguía será o seu presidente ata o seu falecemento en 1923.

Será o día 2 de febreiro de 1923 cando Manuel Murguía faleza na súa casa da Coruña. Os seus restos descansan no cemiterio coruñés de Santo Amaro.

Tumba de Manuel Murguía

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *