Temos na Galiza varios intelectuais que aínda están pendentes do coñecemento e recoñecemento popular e oficial. Sempre se cita a débeda que temos con Ricardo Carvalho Calero, pero hai outros autores tamén esquecidos e pouco recoñecidos, polo menos, non tanto como merecerían. Un deses autores é Ernesto Guerra da Cal, moi valorada a súa produción científica e poética pola crítica internacional, pero, como diciamos, non suficientemente entre nós. Á súa vida e á súa obra queremos, a continuación, dedicarlle unhas breves liñas.
Vida e obra de Guerra da Cal
Ernesto Román Laureano Pérez Guerra, máis coñecido como Ernesto Guerra da Cal, naceu en Ferrol o día 19 de decembro de 1911 e finou en Lisboa o 28 de xullo de 1994. Cando tiña un ano de idade, mórrelle o pai e a nai trasládase a Madrid para continuar cos seus estudos na Escola Superior Normal, quedando Ernesto e o seu irmán ao cargo da familia –da tía Tereixa Teteyo– de Quiroga (Lugo). Nesta vila, pasará a súa infancia e con ela manterá sempre unha fonda ligazón sentimental.
Cando Ernesto tiña once anos, a súa nai obtivo praza de mestra en Madrid, levando con ela os fillos. Alí vai vivir o noso autor entre os once e os vinte e cinco anos: estuda o bacharelato e a carreira de Filosofía e Letras, que finalizou en 1936. Tamén en Madrid, entra en contacto coa vida intelectual da capital: cos deputados do Partido Galeguista e outros intelectuais galegos, cos intelectuais da Xeración do 98 e da Xeración do 27. Especial mención merece a súa amizade con Federico García Lorca. Ademais de poñelo en contacto con intelectuais galegos como Blanco Amor, Guerra da Cal actuaría como un dos incitadores e como auxilio lingüístico dos Seis poemas galegos do autor andaluz.
Ao comezar a Guerra Civil española, Ernesto participa nas Milicias Galegas defendendo a legalidade da República. Nesa época, casa con Margarita Ucelay, con quen tería o seu único fillo, Enrique. O final da Guerra (1939) sorpréndeo en Nova Iorque, onde realizaba unha misión para o goberno da República. E, alí queda a vivir como exiliado, entrando novamente en contacto con Castelao e outros exiliados.
Na cidade norteamericana, reúnese coa súa esposa e comeza a súa frutífera carreira como docente universitario. Na Columbia University realiza a súa Tese de Doutoramento, que presentará con grande éxito no final da década dos 40, sobre Eça de Queirós, a primeira sobre Literatura Portuguesa nos Estados Unidos. En 1941, ingresa no cadro docente da New York University (NYU) e segue colaborando estreitamente coa colectividade emigrante galega de Nova Iorque e do exterior. Será en 1951 cando sexa nomeado Profesor Catedrático de Linguas e Literatura Románicas na NYU, desenvolvendo diferentes cargos e responsabilidades administrativas na propia NYU.
Se ben asinou os seus primeiros traballos como Ernesto Pérez Guerra, desde abril de 1945, ao renunciar á nacionalidade española e nacionalizarse norteamericano, cambiou o seu nome para o sistema onomástico anglosaxón (o apelido da nai vai en primeiro lugar) e adopta legalmente o nome de Ernesto Guerra da Cal, co que asinará as súas obras no sucesivo.
Como xa dixemos, Guerra da Cal era especialista en Eça de Queirós. En 1954, publica Língua e estilo de Eça de Queirós, un dos estudos máis importantes sobre o autor portugués. No ano 1956, participa no Dicionário de Literatura Portuguesa, Brasileira e Galega, de Jacinto do Prado Coelho. Guerra da Cal encárgase da entrada da Literatura Galega, de Eça de Queirós e do Realismo en Portugal.
Se a súa primeira publicación literaria fora o poema “Mariñeiro fusilado” (na revista Nova Galiza, en 1937), Guerra da Cal publicou os poemarios: Lua de além-mar (1959), Poemas (1961), Rio de sonho e tempo (1962) e Motivos do eu (1966).
No ano 1977, xa xubilado, pasa a vivir en Estoril (Portugal). Deses anos son poemarios: Futuro inmemorial (1985); Deus, tempo, morte, amor e outras bagatelas (1987); Espelho cego (1990) e Caracol ao Pôr-do-Sol.
Temos que salientar que Ernesto Guerra da Cal, tanto na súa traxectoria académica como nas súas obras literarias mantén un firme compromiso, político e ortográfico, coa unidade da lingua galego-portuguesa e co espazo da lusofonía. É un claro defensor do Reintegracionismo.
Ernesto Guerra da Cal morría, como xa dixemos, en Lisboa en 1994 e nesta cidade está enterrado. O recoñecemento que ten no exterior queda por renderllo na súa Galiza natal.
[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
Guerra da Cal renunciou á nacionalidade española, pero do que nunca renunciou foi do seu amor por Galiza. Mito persoal, refuxio mental, amor constante, para el Galiza era a Patria. Así o deixou escrito:
PÁTRIA
«Porque volvió, sin regresar, Ulises.»
MIGUEL ANGEL ASTURIAS
A Galiza
é para mim
um mito pessoal
maternal e nutrício
com longa teimosia elaborado
de louco amor filial
de degredado
(E de facto é também
—porquê não confessá-lo—
um execrável vício
sublimado)
A Galiza
foi sempre para mim
um refúgio mental
um jardim de lembranças
sossegado
um ninho de frouxel acolhedor
para onde fugir
do duro batalhar e do estridor
da Vida
e do acre ressaibo do Pecado
Subterfúgio subtil
e purificador
de interior evasão
para o descanso da alma
na calma
pastoril
da perfeição de Arcádia
da Terra Prometida
da imaginação.
A Galiza
é o meu amor constante
tranquila e fiel esposa
e impetuosa amante
sempre
como Penélope a tecer
na espera
ansiosa e plácida
paciente e palpitante
do retorno final
do seu errante e navegante Ulisses
—outra quimera!
Amo-a
como o náufrago desesperado
ama a costa longínqua e ansiada
que nunca há-de avistar
Amo-a
com saudade antevista de emigrado
que à partida se sabe já
fadado
a ser ausente morrinhento*
de nunca mais voltar
Porque ninguém jamais regressa do desterro
à mesma terra que deixou
(O Espaço dissolve-se no Tempo:
os lugares
e as gentes que os habitam
mudam e morrem sempre
e nós também morremos
e mudamos
Posso eu acaso me reconhecer
naquele rapaz loiro
que chorando partiu
um dia crepuscular e montanhoso
de Quiroga
no Sil
há tantos anos
e tantos desenganos?)
Amo-a
Amei-a sempre
porque nunca deixei
de estar ligado a Ela
pelo umbigo
Porque Ela foi meu berço
e onde quer que eu morrer
Ela há-de ser
o meu íntimo
e último jazigo.
Amo-te
enfim
Galiza
coitada, triste e bela Pátria minha
como Tu és
como o Senhor
num mal dia te fez
órfã de história e alienada de alma
vespertina submissa e maliciosa
rústica e pobrezinha.
Amo-te
sobretudo
como eu te quereria
como eu em mim te crio
dia após dia
como um encantamento da minha infância
e da minha fantasia.
Amo-te
como eu
tresnoitado poeta evangelista
te invento e mitifico
E, como com Jesus Cristo fez Mateus,
visto com ilusórios véus
a tua miseranda e cinzenta Paixão
e intento
com interna e intensa
distante devoção
pôr-te um ninho de Glória imaginária
num apócrifo Novo Testamento
(Estoril, 1984).
Como dixemos, Ernesto Guerra da Cal pasou a súa infancia en Quiroga. Convidado a visitala, el nunca quixo volver por medo a decepción de atopar un val do Sil diferente ao da súa nenez. Quixo gardar a lembranza da paisaxe quiroguesa tal como a coñecera nos seus primeiros anos. Do seu libro Lúa de Além-Mar é o poema dedicado ao río Sil:
Ai, meu Sil
meu meigo río
que tinhas os olhos verdes
e donairoso o feitío!
Lua do Sil
lúa loura
que doce e souril me olhabas
a segredar-me
entre a boira!
Polos salgueirais do Sil
cantaban os melros mil.
Quén podese novamente
ouvir seu canto xentil!.
[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
A partir de 1936, Ernesto Guerra da Cal tivo que imaxinar a súa Quiroga e a súa Galiza natal. Uxía e Narf en “Sempre en Galiza” falan dun “galego na Galiza imaxinaria”:
Podes saber máis de Ernesto Guerra da Cal no Centenario da Guerra da Cal (1911-1994) da Academia Galega da Lingua Portuguesa.