¡Outra vez, outra vez o terror!
Un día e outro día,
sen campás, sen protesta.
Galicia ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
(Luís Pimentel)
En 1938, o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán publicaba:
Franco, Franquiño
piquirrichiño,
refugallo de homes,
selso de feixismo.
Alacrán con mando,
……………………..
Soña, coitadiño,
honores a eito,
¡que xa tés a cova
aberta no esterco!
E has deixar na hestória
a túa lembranza,
cal deixa nas herbas
siñal a aligacha.
E homes e mulleres
lembrarante todos,
mais cando te menten
cuspirán con noxo.
Franco, Franquiño,
homiño pequeno.
Franco, Franquiño,
fol de veneno.
Madrid, 17 de decembro de 1970. Manifestación de “afirmación nacional” na Praza de Oriente. No balcón, Franco e os Príncipes de España.
Un ano antes, o día 30 de decembro de 1969 –na mensaxe de Nadal– o ditador Francisco Franco pronunciou as coñecidas palabras de que –para a súa sucesión– todo quedaba “atado e ben atado”.
E, fixo todo o posible para que así fose. A escasos dous meses do seu falecemento, o ditador Francisco Franco asinaba as últimas penas de morte do franquismo, entre elas a de José Humberto Baena Alonso, de 24 anos, asasinado o 27 de setembro de 1975.
Ante as protestas polas execucións do 27 de setembro, o día 1 de outubro outra vez a Praza de Oriente de Madrid reunía manifestantes de apoio ao ditador. No balcón, outra vez –atado e ben atado–, Francisco Franco e os Príncipes de España.
Un mes antes, 12 de agosto de 1975, era asasinado en Ferrol Moncho Reboiras militante nacionalista da UPG.
No seu testamento, o ditador Francisco Franco sinala:
“Por el amor que siento por nuestra Patria, os pido que perseveréis en la unidad y en la paz y que rodeéis al futuro Rey de España, Don Juan Carlos de Borbón, del mismo afecto y lealtad que a mí me habéis brindado y le prestéis, en todo momento, el mismo apoyo de colaboración que de vosotros he tenido.”
Todo atado e ben atado. E, ademais, por varias xeracións.
Contra as ataduras, o pensamento de Reboiras –que importa que nos maten se deixamos semente de vencer– e a música de Sés:
[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
Para saber máis:
Fotos: otros “momentos históricos” de la plaza de Oriente. elDiario.es.
El rey Juan Carlos I: “Franco me cogió la mano y me dijo que preservara la unidad de España”. Público.