“ESA son eu
rubindo unha e outra vez as escadas
dun mundo posíbel”
O Día das Letras Galegas de 2024 estará dedicado a Luísa Villalta. Comeza, pois, un ano no que teremos a oportunidade de profundar na vida e na obra dunha autora comprometida coa súa cidade e a súa terra. Socia de honra da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a nosa asociación dirixírase á Real Academia Galega para solicitar a merecida homenaxe que vai ter lugar este 2024.
Luísa cultivou –con talento– poesía, música, teatro, narrativa, ensaio, articulismo e tradución. A crítica fala –en referencia á súa obra– de pensamento apaixonado, busca de rigor e exploración estilística.
Neste ano que comeza, facemos un chamamento para que a vida e obra de Luísa Villalta sexan as protagonistas e así a nosa autora teña a homenaxe merecida.
A continuación, e para SABER MÁIS de Luísa Villalta, poñemos unha serie de enlaces a artigos da nosa web, roteiros, antoloxías de textos, e outras páxinas nosas relacionadas coa autora:
Para saber máis:
- Luísa Villalta: Letras Galegas 2024
- Roteiro Luísa Villalta (A Coruña Literaria)
- Luísa Villalta (A Coruña Literaria)
- Luísa Villalta (A Coruña das Mulleres)
- E se o 2023 fose o ano de Luísa Villalta
- Letras Galegas de 2022 para Luísa Villalta
- Carvalho Calero no 2021 e Luísa Villalta no 2022
- Luísa Villalta na Coruña – Paseos en agosto X
- Un poema para agosto (III): Luísa Villalta