APROBADA A MOCIÓN PRESENTADA POLA AGRUPACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA
A petición da AC Alexandre Bóveda, o Pleno de hoxe, venres 26 de outubro, da Deputación da Coruña vén de aprobar, coa abstención do Partido Popular, iniciar os trámites para mudar o nome do IES Calvo Sotelo, dependente desta Deputación.
Os grupos que apoiaron a moción, PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños decidiron que o nome futuro do Instituto aínda se debería concretar noutro momento, polo que o punto 1º da moción aprobada quedaría redactado así:
1. Iniciar o expediente para proceder á aprobación da mudanza de nome do IES Calvo Sotelo.
[wps_separator style=”double” top=”no” text=”Top” separator_color=”#dd3333″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
[wps_separator style=”double” top=”no” text=”Top” separator_color=”#dd3333″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
Calvo Sotelo non era ensinante
Os nomes dos centros do ensino deben ser unha referencia para o alumnado e para toda a comunidade educativa, un exemplo para as futuras xeracións e non é propio dunha sociedade democrática que o alumnado acuda a un centro que leva o nome de persoas que participaron en actos reprobábeis como promoveren ou apoiaren un golpe militar contra o poder lexítimo, elixido democraticamente polo pobo.
É por iso que no pasado mes de xullo dirixímonos á Deputación da Coruña para solicitarlle que iniciara os trámites para a mudanza de nome do IES Calvo Sotelo. Entendiamos na AC Alexandre Bóveda que pasados xa máis de dez anos desde a aprobación da Lei da Memoria Histórica, os tempos son máis que chegados para que a Deputación da Coruña sexa unha referencia para todos os concellos en canto ao rexeitamento do franquismo.
Unha persoa como José Calvo Sotelo, que é responsabilizado directamente polo Presidente do Consello de Ministros, o coruñés Casares Quiroga, da sublevación militar do 18 de xullo de 1936, non pode ter un recoñecemento social, nin levar o nome de ningún centro de ensino.
E se na ditadura franquista foron silenciados os nomes daquelas persoas que defenderon os valores cívicos da democracia e que tanto contribuíran para o progreso deste país, é polo que vemos necesario mudar o nome do IES Calvo Sotelo, dependente da Deputación da Coruña, para que pase a se chamar IES María Miramontes, animadora e impulsora das escolas de ensino galego e das editoriais Lar e Nós. Ela representa como ninguén esa mocidade curiosa e con vontade de saber. María traballa na Coruña nun obradoiro de costura e, moi nova aínda, milita nas Irmandades da Fala e fai parte da súa Xunta Directiva. É aquí onde coñece o seu home, Ánxel Casal, Vicepresidente da Deputación da Coruña, Alcalde de Santiago de Compostela e membro do Comité executivo para o Estatuto de Autonomía, asasinado en 1936. Con este recoñecemento daríase visibilidade tamén ao traballo realizado por mulleres de ascendencia humilde, comprometidas co país, coa educación e coa cultura, mulleres inxustamente esquecidas. Por iso este recoñecemento sería tamén un acto de xustiza.
Este venres 26 o Pleno da Deputación da Coruña vai debater a nosa petición. Sería de esperar que recibira o apoio unánime de todas as forzas políticas.
[toggle title=”MOCIÓN SOBRE O CAMBIO DE NOME DO IES CALVO SOTELO“] Proposta de moción que presenta a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a todos os grupos políticos da Deputación da Coruña sobre o cambio de nome do IES Calvo Sotelo, eliminación de simboloxía franquista e lembranza ás vítimas do franquismo.
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas//mocions/simboloxia-franquista-mocion-deputacion.pdf” width=”650″ height=”800″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]
[/toggle]
[toggle title=”SOLICITUDE DE RETIRADA DO RETRATO DO XENERAL GOLPISTA MARTÍNEZ ANIDO“] Solicitude da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao goberno da Deputación da Coruña para a retirada do retrato do xeneral golpista Martínez Anido, que está colgado na Deputación.
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas//mocions/retirada-retrato-Martinez-Anido.pdf” width=”650″ height=”800″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]
[/toggle]
[toggle title=”ANEXO DA PROPOSTA DE MOCIÓN PRESENTADA POLA A.C. ALEXANDRE BÓVEDA“]
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas//mocions/anexo-mocion-simboloxia-franquista.pdf” width=”650″ height=”800″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]
[/toggle]
One Comment
José Calvo Sotelo, vil e criminalmente assasinado, non era nigún demócrata, entusiasta da ditadura de Primo de Rivera e cómplice da preparación da sublevación criminal de Franco. Tampouco foi autor de ningún milagre económico, é certo que durante a ditadura de Primo se enriqueceron moito algúns ricos, Juan March, entre outros, a corrupción seguiu medrando. A súa ideoloxía e doutrina económica non supoñía ningunha modernización que España necesitaba.O seu partido político, Renovación Española, era de corte integrista , moi próximo ao fascismo de Mussolini