Presentámosvos as aulas de guitarra que organizamos no noso local con Brais Morán. Que imos facer? Cóntacho o propio Brais:
As aulas de guitarra que impartirei na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda serán colectivas, para todos os públicos e con duración de 1 hora semanal.
Nestas clases exprésovos os meus coñecementos dun xeito moi fácil, rápido e sinxelo para que poidades aprender e avanzar sen necesidade de saber linguaxe musical nin solfeo.
Desde o primeiro día ensinareivos que a mellor transmisión é a través do oído e, tamén, que saibades cómo podedes usar o voso propio ritmo para crear as vosas propias cancións.
Estou aberto ás túas necesidades e estilos de música (rock, blues, pop, funk, folk, hip-hop, bossa nova…) para facerche máis atractiva a túa motivación co instrumento.
Animareite, da mesma maneira, a que cantes mentres tocas a guitarra.
Levo dando aulas máis de 8 anos tanto particulares á domicilio como en centros extraescolares e formando alumnos e alumnas de diferentes idades ensinando cómo se pode entender a música desde a guitarra. Trátase dun sistema nada académico nin orgánico.
Busco compartir a música cos alumnos e alumnas para comunicar espontáneamente en lugar de amosar coñecementos estrictos e pesados cun instrumento tan transportable como unha guitarra pra que podas tocar e cantar en calquer lugar.
Son os martes ás 16 horas no noso local. O prezo é de 18€ para persoas socias de Alexandre Bóveda e de 20€ para as non socias.
Se queredes participar, podedes facelo a través do seguinte formulario:
[contact-form-7 id=”1845″ title=”Aulas de guitarra”]