Agosto vai por barrios: a Agra do Orzán

Rúa Barcelona

Rúa Barcelona

Con preto de 29.000 habitantes, o barrio da Agra do Orzán é un dos de maior densidade de poboación da cidade da Coruña. E, non só da cidade, ese medio quilómetro cadrado é un dos de maior densidade de poboación de España e mesmo de Europa.

EIM Agra do Orzán

O seu rápido desenvolvemento –sen planificación– tivo lugar nos anos 60 e 70 do século XX. O barrio recolleu grande cantidade de inmigración das comarcas rurais da provincia.

IES Agra do Orzán

Na actualidade, o barrio da Agra do Orzán é un dos máis multiétnicos e multiculturais da cidade: un 10% da poboación é inmigrante.

CEIP Raquel Camacho

A peonil rúa Barcelona atravesa o barrio e é un dos principais núcleos comerciais da cidade.

Placa Rúa BarcelonaRúa Barcelona

Como sinalabamos, o urbanismo irracional nos anos 60 e 70 do século pasado traduciuse na carencia de espazos abertos para a poboación.

Agra do Orzán

Unha das principais demandas das veciñas e veciños do barrio é a de poder gozar de zonas verdes, algo que na actualidade non poden.

Mercado As Conchiñas

Monumento aos liberais - Conchiñas

Placa monumento aos liberais

O barrio conta cunha activa asociación veciñal: a Asociación Veciñal da Agra do Orzán.

AAVV Agra

AAVV Agra

Agra do Orzán

Coa sede na Rúa Entrepenas, a asociación leva tempo loitando e organizando actividades para reivindicar un parque para o barrio.

Almanaque AAVV Agra

AAAVV Agra

Demarcado polas rondas de Outeiro e Nelle, no barrio da Agra do Orzán vive unha de cada dez coruñesas.Avenida de Fisterra

Agra do Orzán

Activo, vivo, multiétnico e multicultural, o barrio da Agra do Orzán necesita dunha atención e consideración proporcionais ao seu peso poboacional na cidade.

Rúa Barcelona

 

Rúa Villa de Negreira

Rúa BarcelonaRonda de Outeiro

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *