“Labañou, terra de mariñeiros”
(Xurxo Souto)
Na marxe esquerda da enseada do Orzán –ao norte de Riazor– está o barrio de Labañou–San Roque (de Fóra).
Ao igual que pasou con outros barrios da cidade, tamén Labañou foi absorbendo núcleos rurais.
Labañou existen numerosas edificacións de protección oficial.
O barrio conta cunha activa asociación veciñal.
Grazas á loita veciñal volve lucir en San Roque o que parece ser o hórreo máis antigo da Coruña.
No barrio de Labañou podemos atopar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ou a Residencia Universitaria Elvira Bao.
Labañou é un barrio activo.
En Contos da Coruña, Xurxo Souto falando dunha adega do barrio sinala:
Aquí está a historia do barrio. Todas as familias baixaron a encher a garrafa a esta casa. O Labañou, terra de mariñeiros e do gran gaiteiro Enrique Ambite, está cambiando. Mais O Faba permanece. E por moito que suba o petróleo e flutúe o euro, aquí o vaso segue custando corenta pesetas e cento cincuenta a xerra de bo viño de Cacabelos.
Labañou –como sinala Xurxo Souto– está cambiando. É un barrio de contrastes.
O barrio de Labañou conta na actualidade cun espazo libre de edificacións e aberto ao mar, as denominadas Percebeiras.
A veciñanza vén levando a cabo distintas mobilizacións para que ese espazo quede libre da especulación urbanística. Non quere na zona edificios “mamotreto” e si un parque público. Trata, por todos os medios, de protexer o bordo marítimo e ter un Labañou aberto ao mar.