A escola, motor desgaleguizador

Manifestación 17 maio

O escolante andaluz-Castelao

O título do inicio non é alarmista nin falso. É a conclusión que se saca do estudo que vén de publicar a Real Academia Galega: Mapa sociolingüístico escolar de Ames. A noticia da publicación do traballo de investigación na páxina web da institución académica non deixa lugar a dúbidas:

O acceso ao sistema educativo exerce un forte efecto desgaleguizador nos nenos e nenas desde as idades máis temperás, moito antes do constatado nos estudos realizados ata o momento, centrados maioritariamente na adolescencia. Así o evidencia o Mapa sociolingüístico escolar de Ames, un proxecto desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames no que se detecta unha perda do 10% de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil. Esta porcentaxe vai medrando nos sucesivos cambios de ciclo ata cifras extremadamente preocupantes: na secundaria só o 11% do alumnado é galegofalante e outro 11% bilingüe, fronte a un 77% de falantes habituais de castelán, a maioría deles monolingües. Os procesos de substitución lingüística cara o castelán inícianse, pois, na infancia e consolídanse na adolescencia.

Mapa sociolingüístico escolar de Ames

O mapa sociolingüístico escolar de Ames revela o retroceso de galegofalantes ao longo das etapas educativas – Real Academia Galega

No apartado 9 –”Cabo: balance e perspectivas”– do Mapa sociolingüístico escolar de Ames dise:

O indicador de uso do galego nos escolares amesáns no primeiro ciclo de Infantil é dun 32,4%; coa entrada no segundo ciclo de Infantil a presenza do galego redúcese a un 21,1%; a dinámica continúa na mesma dirección coa entrada en Primaria (15,6%); esta tendencia estabilízase no segundo e terceiro ciclo de Primaria (13,6% e 14,6% respectivamente), e volve a poñerse en funcionamento coa entrada na Secundaria (11,4%). De aí a transcendencia para o comportamento lingüístico destes momentos e o tipo de adaptación á situación que se faga neles.

 

O resultado destas tendencias é que os e as galegofalantes acaban adoptando maioritariamente o castelán para relacionarse cos seus pares, mesmo no caso de que manteñan o galego coa familia. Emporiso, estas condutas, prolongadas no tempo, poden rematar por provocar un abandono xeral das prácticas en galego mesmo no interior do núcleo familiar.

[pvfw-embed viewer_id=”5651″ width=”650″ height=”800″ iframe_title=”Mapa sociolingüístico escolar de Ames” zoom=”auto” pagemode=”none”]

O 24 de outubro de 2018 publicabamos na nosa web un texto que titulabamos: “Galeguización das escolas (Materia pendente)”. Alí citabamos a Sarmiento, Risco e Castelao:

“Avía que quemar todo libro de Gramática que pasase a Galicia, y que no estuviese explicado en lengua gallega.”

(Sarmiento)

 

“Plan pedagóxico pr’a galeguización d’as escolas”

(Vicente Risco)

 

“Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben”.

(Castelao)

Galeguización das escolas (Materia pendente) – AC. Alexandre Bóveda.

A situación da lingua galega na escola é tan preocupante e alarmante que hai que tomar medidas contundentes con urxencia. Non é mentira afirmar que –tristemente– a escola acaba coa lingua galega. Ou tomamos medidas ou –como cantaba Xocaloma– o galego será un “soño”.

0

No Comments

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *