8 de marzo: mulleres con dereitos xa!

Manifestación 8 marzo

D’aquelas que cantan as pombas y as frores

Todos din que teñen alma de muller,

Pois eu que n’as canto, Vire d’a Paloma,

¡Ay! ¿de que’ a terei?

(Rosalía de Castro)

Manifestación 8 marzo

O manifesto de GALEGAS 8M para este 2022 leva por título: Nin escravas nin heroínas, mulleres con dereitos xa!

Ela voltou a rexeitalo, pero el insistía, pois sempre crera que o non dunha muller sempre quería dicir que si, que elas facíanse de rogar. Ademais, ¡que coño, era a súa muller!, ¿ou non? A ela dáballe noxo, aínda que nunca llo fixo saber, por temor, claro.

(Medos Romero. “Aquel maldito ollo”)

son a aldraxada, a violada, a vexada, a

pura, a infeliz, a apreixada entre gadoupas

brancas.

(Lucía Novas. “Son a selvática serpe lamacenta, recuberta…” )

Porque queremos parar de contar asasinadas, lesionadas, violadas, agredidas, discriminadas, presas, exiliadas, emigradas, empobrecidas e excluídas, acosadas, humilladas, calumniadas, represaliadas ou xulgadas no lugar dos seus agresores. Porque as múltiplas faces da violencia machista teñen un só rostro: o terrorismo como sostén do patriarcado, e porque todo este terror só vai parar o día que acabemos con el.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

Manter as mulleres ignorantes con respecto ao seu corpo e á súa sexualidade é unha garantía de éxito para o patriarcado.

(María Reimóndez. Crónicas desde a India)

 Demandamos unha educación pública de calidade e non sexista, na que a igualdade e a diversidade sexan eixos centrais de todos os currículos, materias e actividades.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

cartaz 8 marzo

Porque aquí o feito de que unha muller vaia soa a calquera sitio é un acto heroico. Non só polos potenciais perigos que como xa comentei noutras ocasións son reais, senón tamén polo que eu chamo a “programación do medo”. O mundo aí fóra da casa está cheo de perigos. Esa é a mensaxe desde nenas. E a mensaxe entra na médula.

(María Reimóndez. Crónicas desde a India)

Ninguén

me prohibirá nunca

estar soa.

(Lupe Gómez. Os teus dedos na miña braga con regra)

 Esiximos unha vida sen violencias, que todos os recursos económicos, sociais, médicos, xudiciais e políticos se coloquen ao servizo de garantir este dereito básico; para que se elimine calquera contido sexista ou discriminatorio no ámbito da comunicación e da cultura que lexitime ou alente esas violencias

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

 Tecin soya á miña tea,

Sembrey soya o meu nabal,

Soya vou por leña ô monte,

Soya á vexo arder n’o lar

(Rosalía de Castro. Follas novas)

Porque as mulleres do rural galego soportamos unha dupla ou tripla precariedade, porque non só sustentamos as vidas das nosas comunidades, senón tamén todo un ecosistema e unha fonte de sustento para todas que o poder condena ao máis absoluto deterioro e abandono. Temos que apostar por nos relacionar co medio de forma radicalmente diferente, precisamos a soberanía alimentaria e enerxética para transformarmos o mundo e rebelarnos contra o espolio dos nosos recursos naturais.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

Manifestación 8 marzo

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.

Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.

Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.

(Xela Arias. Darío a diario)

Esiximos transformar radicalmente a forma en que nos relacionamos co traballo, combater o capitalismo e construír alternativas de vida para todas; para exercermos o noso dereito de vivir, de amar, de criar, de maternidade e de sexualidade, e para que todas e cada unha desas escollas conten con todas as garantías sociais para podermos desenvolvelas.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

Manifestación 8 marzo

Galicia está probe,

Y á Habana me vou…

¡Adios, adios, prendas

D’o meu corazon!

(Rosalía. Follas novas)

Que os gobernos deteñan e revertan a situación de abandono e destrución do medio rural.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

Mireinos con calma, i as mans estendidas,

dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.

I ó lado, contenta, senteime das vítimas,

tranquila, esperando pola alba do día.

(Rosalía de Castro. Follas novas)

Reclamamos e exercemos o noso dereito á autodefensa en todos os ámbitos da vida.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

 E coa palabra

recuperar os camiños,

pórlle nome ó labirinto,

navegalo.

(Ana Romaní. Das últimas mareas)

Berramos que estamos fartas dun sistema educativo que reproduce as lóxicas patriarcais do poder e as súas violencias.

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

Manifestación 8 marzo

N’era cousa de chamar as entes á guerra, e desertar d’a bandeira qu’eu mesma habia levantado.

(Rosalía de Castro. Follas novas)

as galegas mobilizámonos no espazo público para sumar forza ás nosas razóns, porque levamos todas as nosas vidas berrando, protestando e esixindo solucións a un sistema que ignora sistematicamente as nosas demandas

(Manifesto GALEGAS 8M 2022)

Como todos os 8 de marzo, as mulleres saen á rúa para berrar alto e forte:

NIN ESCRAVAS NIN HEROÍNAS, MULLERES CON DEREITOS XA!

Galegas 8m

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *