23 de febreiro: Día de Rosalía

Estatua Rosalía de Castro

Nasin cand’ as prantas nasen,

No mes das froles nasin,

Nunh’ alborada mainíña,

Nunh’ alborada d’ abril.

(Rosalía de Castro)

Estatua Rosalía de Castro

Ata o ano pasado –2021– era comunmente aceptado que Rosalía de Castro nacera o 24 de Febreiro de 1837. Esa era a data –Día de Rosalía– na que por toda Galiza se homenaxeaba a autora de Cantares gallegos e Follas novas.

Rosalía e Murguía: documentos

Tras as investigacións realizadas por Sagrario Abelleira, temos a certeza de que o día real de nacemento de Rosalía é o 23 de febreiro e non 24. A investigadora localizou no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid o expediente matrimonial da vida de Rosalía e Murguía. Na documentación, entre outra información inédita, aparece a data de nacemento de Rosalía: 23 de febreiro de 1837.

A nova data de nacemento de Rosalía de Castro. Nós Diario, 5 de outubro de 2021.

Rúa Rosalía de Castro

Logo dos últimos descubrimentos, o 18 de xaneiro a Fundación Rosalía de Castro reunía a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro.

O Día de Rosalía pasa a celebrarse o 23 de febreiro. Fundación Rosalía de Castro. 16 de xaneiro de 2022.

Casa de Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro chamaba a sociedade galega a celebrar o Día de Rosalía, desta volta o 23 de febreiro, lendo os seus textos, cunha Alborada de Rosalía e facendo un Caldo de Gloria, para o que convoca de novo a escolas e restaurantes de todo o país a esta iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia

Rosalía de Castro

De noite, de dia,

N’ aurora, na sera,

Oiresme cantando

Por montes e veigas.

 

Quen queira me chame,

Quen queira m’ obrige,

Cantar, cantareille

De noit’ e de dia.

Este 23 de febreiro celebremos por todo o alto o Día de Rosalía.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *